Archivo del abril, 2010

A falta de formalidade

Jueves, abril 29th, 2010

Escribo este post, se alguén aínda me lee e sabe galego, polo que me parece unha falta de xustiza, comprensión, xeito, sentido e formalidade increíbles.

Eu son estudante da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. E como tal, impórtanme as decisións que o Reitorado queira tomar respecto aos servizos ofertados ao alumnado.
Concrétamente, dende hai moitos anos, destinábase unha partida presupuestaria a que os alumnos e persoal de investigación puidésemos imprimir de forma gratuita documentos para uso educativo.
Máis tarde chegou o Banco Santander e creouse un convenio polo cal se reformaba o servizo de impresión e se creaba a maiores un servizo de impresión a cor, por un prezo que, segundo dixeran, permitiría subvencionar o sistema enteiro. E seguía a ser gratuíta a impresión a B/N.
E, nembargante, agora, sen motivo ningún, retiran este servizo, sen informar ao estudantado nin aos comités ata unha vez tomada a decisión, argumentando agora que a decisión xa está tomada. Entón sn os Representantes de Alumnos os que teñen que mollarse e preguntar o porqué da decisión.
Pero non hai nada claro. Non hai respostas ou argumentos que defendan a postura dos que realizaron o cambio.
A falta de transparencia no proceso, e a carente argumentación dos gobernantes son cabreantes.
Profesores chegaron a dicir que non podiamos imprimir por exemplo manuales “porque teñen copyright e que nos podiamos buscar un lío”. Non podemos tampouco imprimir os milleiros de documentos para os que a UDC comprou a licencia nin aqueles que son libres (véxase GNU FDL).
E cando algo se fai así, “de tapadillo”, nunca suele acabar ben.
Pero o estudantado, en xeral, tamén é un mundo…
Eramos menos de 50 persoas na asamblea na que se discutiu isto. Parece que ao propio alumnado lle dese igual o que pase co que se lle ofrece.
Menuda deixadez. Adónde chegaremos?