Hola.
Hoxe é o Día de Galiza. O día da Patria Galega. Incluso o día de Santiago Apóstol (segundo o santoral cristián polo que, pese ao laicismo do Estado, se seguen a maior parte de festividades a relacionar).
Hoxe por tanto é o día do ‘meu santo’.
Pero non deixa de ser un día coma outro calquera.
Un non ten porqué sentirse orgulloso de ser galego, ou español. A un simplemente lle tocou nacer onde lle tocou. Un pode estar agradecido por haber tido nacido nun bo lugar e non morto de fame, mais non é algo do que enorgullecerse; é algo que toca.
Un pode sentirse orgulloso do que fai, o que lle toca non ten nada que ver con él, senón co azar.
Pero non me malinterpretedes: a min tócame estar en Galiza neste 25 de Xullo, e celebro o día da Patria na que me encontro. Gústame Galicia. E desfruto do día, mais non dunha maneira notablemente distinta ao que podería ser calquera outro día.
E tampouco é que me importe demasiado chamarme coma un home que foi testigo -din- de como outro home chamado Xesús vivía, hai arredor de 2000 anos. Mais do que sí me sinto orgulloso é de seguir coma o ano anterior, coa saúde que se pode, con ganas de aprender coma sempre, e tamén coas mesmas ganas de cambiar o mundo.